martes, 20 de noviembre de 2007

O primeiro día no colexio

Onte foi o meu primeiro día no cole.

Paseimo moi ben, os meus alumnos de 5 anos son un encanto.

Eles ensináronme moitas das cousas que sabían facer, e unha desas cousas é xogar co ordenador.

Teñen unha hora á semana informática e nesa hora están en contacto coas novas tecnoloxías e xogan e se diverten con elas. A todos lles gusta moito ir aos ordenadores, ou eso foi o que me contaron, xa que a hora de informática son os venres e eu todavía non os vin con eles. Pero este venres xa irei á clase de informática e xa os contarei como se desenvolven.

Na clase non temos ningún tipo de nova tecnoloxía, agás o casette, aínda que temos á nosa disposición 3 ordenadores portátiles que podemos levalos ás aulas e utilizalos cos nenos.

Na hora de informática están cos nenos a profesora da clase e un profesor que é o de informática, que axuda aos nenos cando non saben seguir nalgún xogo ou lles ensina a facer cousas. Pero como xa digo, o venres o veo e xa vos conto con máis detalle.

Un saúdo enorme!!!

1 comentario:

Berta dijo...

Hola mi amore!!

Me lo estoy pasando genial, por lo que veo igual que tú.El otro día tuve lo de la Niña María,que para Santa Juana aun queda un poco,recordando viejos tiempos jiji.
Bueno nos ya nos veremos.

1 besazoo