martes, 11 de diciembre de 2007

Na metade da experiencia

Bos días!!

Onte tivemos a reunión co noso titor de prácticas e a conclusión que saquei eu de toda a reunión foi que qué sorte teño eu de estar coa miña titora e no meu colexio porque a diferencia de algunhas compañeiras miñas, a min trátanme moi ben, a titora deixame a min organiza-la clase e os nenos recoñéceme como unha verdadeira profesora.

Penso que a miña experiencia esta sendo moi gratificante xa que tanto o colexio, coma as mestras, coma os alumnos,son encantadores e especialmente cariñosos e bos. E isto non o digo solo eu, senón que moitos dos profesores que este ano están aquí veñen de outros moitos colexios, e todos din a mesma cousa: "a pasta coa que están feitos estes nenos é moi especial e diferente ao resto, xa que nenos así son moi difíciles de encontrar".

O venres na clase fixemos o Belén de Nadal coa plastilina e saiunos moi ben. É unha pena que non teña as fotos aquí, pero xa as pondrei outro día.

Hoxe fomos ao laboratorio a ver un documental sobre a auga, que é un Programa Didáctico chamado: "Móllate coa auga", e consiste en ve-lo vídeo e ensinarlles aos nenos como é a auga, tocala, bebela, ulila, vela e ver os diferentes estados nos que pode estar, como a facemos cambiar de estados, de que maneira, ver de onde ven a auga e a donde vai e conciencialos de que non se pode masgastar ou ensuciar.

O documental o fomos ver ao laboratorio poeque alí tiñan montado cun portátil e un cañón e unha pantalla unha especie de cine, pero o laboratorio é grande e o son, aínda que tiña uns altaboces exteriores, non era moi bo e coma os nenos non escoitaban ben distraíanse con todo. Ademáis coma nunca estiveran no laboratorio, lles atraían moitas cousas que había alí, coma o esqueleto, os botes, os líquidos e foi difícil que atenderan ao vídeo.

Eu todavía non sei por qué razón tivemos que ir ata alí para ve-lo vídeo, xa que se levasemos o portátil cada un á súa aula o veriamos moito mellor, con mellor son e maior atención, pero supoño que será porque se´non o fan así mopitos dos profesiores nin o levarán á súa clase por descoñecemento do uso do portátil e os seus nenos quedarán sen velo, xa de esta forma o fan un pouco obligando aos profesores a levalos ao laboratorio, xa que teñen unhas horas establecidas para velo.

Como vedes, as novas tecnoloxías ontentan abrirse camino por este colexio pero, aínda que conta coa axuda de uns poucos, lle é moi difícil avanzar por culpa de outros poucos.

Cada día suelo facerlles unhas fotos aos meus rapaces cando estan traballando o xogando na aula e onte imprimin as que me pareceron máis bonitas e as levei á aula e lles gustou moito, e por iso díxenlle á miña tirora que se poderiamos baixar un portátil para a clase e ensinarlles tódalas fotos que fixemos ata agora, e como lle parecei boa idea pois imos a baixa-lo un día destos. Os nenos vanse poñer moi contentos, xa vos contarei.

Saudos!!

Rapazas, gustoume moito veros onte, haber cando quedamos outra vez...Os queroooo!!!!

Vos deixo un videoclip de Rihanna: please don´t stop the music.

Que vos guste!!!


No hay comentarios: